CARTA AOS ROMANOS - Capítulo 10
Capítulo 10
- 1Irmáns o desexo do meu corazón e a miña oración a Deus por eles é para que se salven.
- 2Eu dou fe en favor deles de que teñen fervor relixioso, pero non é un fervor ben entendido.
- 3Pois ignorando a xustificación de Deus, e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustificación de Deus.
- 4Porque a culminación da Lei é Cristo, para xustificar a todos os que cren.
Salvación para todos
- 5Pois Moisés escribe da xustificación que vén pola Lei: quen a practica, sálvase por ela.
- 6Pero a xustificación que vén pola fe di así: Non digas no teu corazón, quen subirá ao ceo? (é dicir, para facer baixar a Cristo).
- 7Ou quen baixará ao abismo? (é dicir, para facer subir a Cristo de entre os mortos).
- 8Que di, logo, positivamente?:
- Cerca de ti está a palabra,
- na túa boca e no teu corazón.
Esa é a palabra da fe que anunciamos. - 9Porque, se confesas coa túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos, serás salvo.
- 10Pois é crendo co corazón como se chega á xustificación; e mais é confesando coa boca como se chega á salvación.
- 11Porque di a Escritura: todo o que crea nel non quedará defraudado.
- 12Pois non hai diferenza entre o xudeu e o grego, xa que un mesmo é o Señor de todos, rico para todos os que o invocan;
- 13porque todo o que invoque o nome do Señor será salvo.
- 14Ora ben, como han de invocar a aquel en quen non creron? Como han de crer naquel de quen non oíron falar? Como han de oír, sen alguén que anuncie?
- 15Como han de anunciar, se non os mandan? Por iso está escrito: Benvidos os pés dos que anuncian o ben.
A infidelidade de Israel
- 16Pero non todos aceptaron a Boa Nova. Pois xa di Isaías:
Señor,
- Señor, quen fixo caso da nosa predicación?
- quen fixo caso da nosa predicación?
- 17Polo tanto, a fe é suscitada pola predicación, e a predicación vén pola palabra de Cristo.
- 18E digo eu: Eles non oirían? Por forza! Por toda a terra se espallou a súa voz, e ata o cabo do mundo as súas palabras.
- 19Pero insisto: será que Israel non entendeu? Moisés é o primeiro en dicir:
- Eu vouvos meter celos por un pobo que nin tan sequera o é; por un pobo parvo vouvos enfurecer.
- 20Isaías atrévese a dicir:
- Atopáronme os que non me buscaban,
- e manifesteime aos que non preguntaban por min.
- 21E referíndose a Israel, di:
- Todo o día estiven a estender as miñas mans cara a un pobo desobediente e teimudo.